lunes, 28 de octubre de 2013

CRÓNICA DO ENCONTRO DESDE O CPI "VIRXE DA CELA"




Nunha nova ocasión asistimos a un Encontro da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas. Xa é toda unha tradición comezar o curso elaborando unha axenda solidaria e expoñela públicamente nestas xuntazas, rodeados de alumnos/as e profes doutros centros escolares galegos. Valeu a pena sacrificar algún que outro recreo, porque a idea era moi orixinal e o resultado moi vistoso e aplaudido. Empregando un formato “bingo”, as rapaces e rapaz (noraboa, Adrián, por ser a representación masculina do noso grupo) do CPI Virxe da Cela foron presentando unha a unha todas as actividades que temos previstas para este curso académico, guiados polas nosas simpáticas compañeiras Tania e Andrea (1º ESO), que transmitiron gran enerxía e a ilusión no que para elas é o primeiro encontro (e esperemos que non o último). 
Damos as grazas a Ana, profesora do cole Jesús Maestro de Ferrol, e aos alumnos/as dese centro, por prepararnos tan calorosa acollida. Grazas tamén ao sol por acompañarnos durante toda a xornada, e regalarnos un día tan luminoso e agradable xa a finais de outubro. E grazas tamén a Pedro Brandariz por arrancarnos gargalladas e contaxiarnos o seu enorme sentido do humor ao final da tarde. 

Queremos destacar o papel activo do grupo +18, isto é, aqueles rapaces/zas que participaron na Rede Solidaria cando cursaban estudos de ESO e Bacharelato, e que agora son activistas e voluntarios, e ofrecen a súa ilusión e tempo libre para colaborar en variadas iniciativas, tanto na organización e celebración destes encontros, como visitando centros escolares e dinamizar os grupos. Un biquiño moi especial á nosa querida Luz Mery, que agora como veterana asumiu a tarefa de documentar fotográficamente esta xornada, e que tivo unhas emotivas palabras de agradecemento para Yolanda e Verónica, as dúas profes que lle guiaron na senda da solidariedade. 



E, como non, dedicamos un par de liñas para deixar constancia de todos/as os que tecimos nesta ocasión un anaquiño de Rede: Antía Lista, Laura Río, Andrea Brage, Ana Pena, Tania Grueiro, Rebeca Freijomil, Laura Muíño, Sofía Pena, Laura Sanjuán, Erea Fernández, Rocío Pérez, Cintia Grueiro, Antía Gómez, Alba Amenedo, María Fraga, Adrián Allegue, Silvia López, Verónica Dopico e Yolanda Castro.

sábado, 26 de octubre de 2013

SALUDOS DESDE EL PUGA RAMÓN

Hola, estamos en el XV Encuentro de la Red Solidaria de Jóvenes Entreculturas. Hemos venido al colegio Jesús Maestro de Ferrol, y estaremos todo el día disfrutando de la compañía de otros jóvenes y profersores de la red.

XV Encontro en Rede (Ferrol, 26 outubro, 2013)

XV Encontro en Rede "Remóvete.Actúa pola Educación e os Dereitos Humanos"
Rede Solidaria da Mocidade. Entreculturas
Ferrol, Colexio Jesús Maestro, 26 de Outubro 2013

El sábado 26 de octubre se reunieron en Ferrol diez Colegios de Galicia vinculados a la Red Solidaria de Entreculturas. Cien alumnos, diez profesores y veinte voluntarios han conmemorado el XV Encuentro de la Red, realizando diversas actividades y talleres que promovieron la necesidad de respetar los Derechos Humanos y de trabajar en conjunto en favor de el acceso mundial a la educación.

La campaña de la silla roja, impulsada ya en el año 2012 y reforzada en el presente 2013, invita a nuestros jóvenes a tomar conciencia de los millones de niños privados de un derecho fundamental como es la Educación. Asimismo, se presentaron las Agendas Solidarias de los diferentes centros, que constan de diversas actividades como en nuestro caso la participación en diferentes tareas del Voluntariado que oferta el Colegio (acompañamiento a niños enfermos en el Materno Infantil de La Coruña, visitas periódicas a la Residencia de Ancianos Padre Rubinos, colaboración con el Recreo Solidario, etc.).

Agradecemos la excelente organización del Encuentro. Animamos a todo el que quiera unirse a esta Red Solidaria a participar en las distintas actividades y Encuentros que tendrán lugar a lo largo de este curso académico.




XV Encontro en Rede

    Colexio Jesús Maestro (Ferrol)


Tema: Pola Educación e os Dereitos Humanos.

Primeras fotos.

Aquí está Ana Martín, profesora del Colegio Jesús Maestro, con un grupo de alumnos,que nos acogió maravillosamente, nos sentimos en casa.......

 Juegos sobre los Derechos Humanos, los Cascos Azules de la ONU nos guían en esta aventura...

HOLA A TODOS DESDE I.E.S. MONELOS

Esto de la informática se me resiste, pero lo lograremos profes!!! Mucho animo a todos!!!

Hola a todas y a todos desde Ferrol!
Chicos estoy aprendiendo a administrar el blog de la red....! La próxima semana colgamos nuestras "cositas".
APRENDIENDO  A ENTRAR 

Hola , Verónica y Yoli nos están enseñando con mucho esfuerzo a ser administradores  ,vaya paciencia tiene con nosotr@s ¡¡¡ somos bastantes torpes informáticos
   

SAN SADURNIÑO SORPRENDENTE

http://conpacosi.com/blog/?p=420

  PARA todos los que queráis disfrutar de las cercanías de Ferrol, aprovechando el Encuentro de la Red en la ciudad de Ferrol , se puede acercar uno a estos lugares y disfrutar culturalmente de todo lo que nos ofrecen...un saludo

viernes, 25 de octubre de 2013

UN


Se falta tan so un día, eso significa que mañán estaremos celebrando o bautizo oficial do Blogue Entreculturas Galicia, coincidindo nin máis nin menos que co XV Encontro da Rede Solidaria da Mocidade, que terá lugar no colexio Jesús Maestro, en Ferrol. Agora si que ninguén se vai poder escapar ou agachar... (sabemos que estabades aí atrás, caladiños/as e sen atrevervos a intervir no blogue). Como último aviso, repasade pola noite a mochila (xa sabedes, o postre, o lapis USB cos materiais, as fotos, e un gran sorriso para compartir)




jueves, 24 de octubre de 2013

DOUS


A dous días previos á inauguración deste espazo, seguimos coa nosa andaina de dinamizar o mesmo e, ao igual que dun fogar se tratase, estamos nas faenas de amueblar o continente e dotalo xa de materiais para o seu uso e disfrute. Nesta ocasión penduramos a enquisa que contén as respostas dos futuros "administradores/as" do mesmo, e que, si prestades atención, poderedes apreciar diferentes perfís. Sería divertido xogar a unha especie de "quen é quen" para adiviñar a autoría das respostas... Seguro que algunhas non darían pé a dúbida algunha...




miércoles, 23 de octubre de 2013

TRES



 
 
Fai uns días algún/ha dicía "que medo" por aproximarnos á data da inauguración. Hoxe, que estamos a tres días do evento, si que todos e todas deberíamos ter os nosos "deberes feitos":
 
1.- Ter ao autobús avisado... xa sabedes que as cousas á última hora poden dar problemas, e conseguir un bus para o sábado pola mañá pode volverse unha tarefa difícil.
 
2.- Ir mercando os ingredientes para facer un fabuloso postre caseiro para compartir o día do encontro. Aqueles/as que teñan unha xustificación de peso (falta de tempo, compromisos familiares, estrés laboral) poderán permitirse a licencia de mercar o postre no supermercado ou na pastelería.
 
3.- Así como os nenos e nenas teñen que facer a mochila e non esquecerse de nadita nada, como ben acordamos fai un par de días, ide preparando o lapis USB con todo o material que quierades pendurar: textos, fotos, videos, presentacións, etc.
 
 
 


martes, 22 de octubre de 2013

CATRO

 
 
HELP: Este concepto anglosaxón significa nin máis nin menos que "axuda". Precisamos a colaboración de todos e todas para por en marcha este proxecto. Un simple e sinxelo comentario serve para facernos partífices deste proxecto.
 
 
 

lunes, 21 de octubre de 2013

CINCO



Alguén xa se pon nervioso/a pola proximidade do evento... Será nervioso/a? Será impaciente? Será expectante? Será ansioso/a? Será curioso/a? Que será, será...


domingo, 20 de octubre de 2013

SEIS




Rematada a fin de semana esperamos reanudar o noso proceso creativo para dar durante os próximos cinco días os últimos retoques a esta plataforma.
Una pequena idea para esta semana: imos ir repasando materiais (textos, fotografías, vídeos, presentacións, e outros), seleccionando e arquivando nun cartafol no noso lapis de memoria USB. Así o próximo sábado, á par que inauguramos este blogue e facemos un cursiño "express" para poder sobrevivir nel ferrenchando cunhas ferramentas básicas, poderemos ir pendurando todos estes arquivos e así enriquecer este espazo compartido.

viernes, 18 de octubre de 2013

SETE


Faltan sete días... o cal quere dicir que hoxe nunha semana estaremos a inaugurar este blogue. Comprobamos que xa un "anónimo/a" animouse a facer o primeiro comentario. Adiviñades quen? Premio para quen o acerte, e non vai moi difícil...
Para aqueles que se levaran unha sorpresa, esa "invitación" que vos aparece no voso correo electrónico non é para tomar algo ou para cear (quen sabe, moitas veces as cousas comezan do xeito máis inesperado...). Simplemente é o voso "pasaporte" para poder figurar neste blogue como administradores/as, e deste xeito convertiros en xornalistas por un día... E de paso manter a este "retoño" ben estimulado e facelo máis dinámico.

 

OITO




Ola, compañeiros e compañeiras. A oito días para a inauguración deste fantástico evento, estades todos e todas convidados a tomar parte deste proceso de creación colectivo, xa que este espazo vai a ser a nosa propia plataforma, e todos temos que ser partícipes do mesmo. Así que para ir quentando motores, unha primeira práctica:
1.- O primeiro paso e estar cómodos diante do ordenador. Lembrade, o ordenador vai ser o noso compañeiro de viaxe, e non o noso "enimigo número un". Así que deixade atrás esa retaíla de maldicións cara a este simpático aparello, e tratádeo coma se fose a vosa mascota. Incluso aconsellamos poñerlle un nome ou apodo cariñoso, para facer a labor máis levadeira...
2.- Nesta primeira clase virtual ides a aprender a facer un comentario. Para isto situádevos na parte inferior desta entrada e veredes a palabra "comentario". Pois ánimo, sobre todo para aqueles que teñades pouca práctica co rato... Sabemos que nos primeiros momentos é difícil atinar, como nos primeiros intentos de aparcamento...
3.- Unha vez que premades o botón de "comentarios", abrirase un rectángulo silueteado en cor azul. Pois situade aí o cursor, e facede o comentario pertinente. Lembrade que con todas as vosas ideas iremos dándolle forma a este blogue. Acéptanse todas as críticas construtivas...
4.- O paso seguinte e seleccionar o tipo de autor do comentario. Para iso, se non vos queredes complicar a vida, elixide directamente "anómino", e se queredes deixar o anonimato e ser valientes á hora de manifestarvos públicamente (xa sabedes que con isto de internet todo queda por aí polo aire...), elixide a opción "nombre", e nin sequera é necesario cubrir o espazo "URL" que está ao seu carón.
5.- Finalmente o paso máis difícil e á vez o máis divertido... "Demuestra que no eres un robot". Simplemente vos vai poñer a proba, ainda que nós sabemos que todos vos sodes unhas auténticas máquinas... Iso, a ver quen é quen de descifrar as letras e as cifras (demostraredes aí quen é seguidor do simpático programa da TVG "Cifras e Letras", e ao mellor Paco Lodeiro vos ficha para a próxima edición).
6.- Xa para ver que todo o proceso queda totalmente rematado, queda premer ao botón "publicar" e veredes o voso comentario facendo parte desta bonita historia... Ánimo

jueves, 17 de octubre de 2013

NOVE



Agora que os cimentos xa estan construídos, poderemos xogar coas diferentes pezas do puzzle para ver posibles combinacións, e mudar día a día ata que atopemos a configuración definitiva. Pequenos detalles que nos poden traer de cabeza, sen ir máis lonxe, a construción da cabeceira...


miércoles, 16 de octubre de 2013

DEZ



Mércores dezaseis de outubro... comeza a conta atrás para o bautizo deste novo retoño, o blogue da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas de Galicia. Todas as ferramentas tecnolóxicas nas nosas mans, moitas ideas na cabeza e, por suposto, unha grande dose de motivación. Durante estes dez días previos á inauguración oficial deste espazo trataremos de ir facendo proba tras proba, ate conseguir a apariencia final deste espazo compartido.