viernes, 31 de enero de 2014

DÍA DA PAZ NO CPI VIRXE DA CELA

Onte día 30 de xaneiro conmemoración do Día da PAZ  e a Non Violencia, ás 12 horas, reunímonos, un ano máis, todos para celebralo. Participaron moi activamente todos os alumnos do centro sobre unha idea principal que consistíu na elaboración dun puzzle da Paz. Repartíronse as letras do abecedario dende infantil ata 4º da ESO e cada clase escribíu palabras relacionadas coa letra asignada. Cada unha das partes do puzzle, artísticamente "tuneadas", colocámolas no taboleiro nun acto no que non faltaron reflexións sobre a paz feitas por todos, reparto de pegatinas made in Monfero e ata un rap da paz que pode ata gañar un Granmy.
Ah!, tamén nos días previos os alumnos/as da ESO confeccionaron un fermoso mural que preside a entrada de secundaria. 

Aqui vos deixamos unha mostra gráfica de toda a xornada: 











                                  
                
    

miércoles, 29 de enero de 2014

A NOSA AXUDA XA ESTÁ EN FILIPINAS




Pasadas varias semanas desde que fixemos o ingreso á Fundación Entreculturas dos cartos que recadamos á través da venda de obxectos de fieltro do nadal, temos a certeza de que a nosa pequena contribución está a paliar algunas das moitísimas necesidades nas que se están vendo as familias de Filipinas tras o paso do tifón Haiyan.  Recibimos unha carta da ONG Entreculturas, fechada en Madrid a 24 de xaneiro de 2014, e que a continuación transcribimos:

Con esta carta queremos agradecerlles a súa rápida resposta á nosa petición de axuda para atender ás persoas afectadas polo tifón Haiyan en Filipinas. Moitas grazas polo seu donativo de 362 euros. 
De novo unha traxedia natural deixa no desamparo ás persoas máis vulnerables. A testemuña que nos chega da man do xesuítas da zona é desoladora: miles de familias perderon o seu fogar e non poden acceder a algo tan elemental como auga ou alimentos. Ademais, moitas infraestructuras foron danadas, o que dificulta considerablemente as comunicacións co país. 
Grazas á súa colaboración, a Fundación Entreculturas, a través da Compañía de Xesús en Filipinas, estivo a apoiar a distribución de máis de 12.000 packs de emerxencia entre as familias afectadas nas illas de Culion, Leyte, Panay, Samar e Coron. Temén se enviou auga potable, roupa e paneis solares. 
Unha ve teñamos dado resposta ás necesidades máis inmediatas, apoiaremos unha nova fase de reconstrución de vivendas e de escolas, co fin de que as persoas afectadas por esta traxedia volvan á normalidade o antes posible. 
Agradecéndolles unha vez máis a súa confianza en Entreculturas, quedamos á súa disposición para ofrecerlles toda a información adicional que precisen. 

Un cordial saúdo. Agustín Alonso SJ. Director de Entreculturas