A celebración do VI Rastro Solidario e Operación Quilo 2014
supón un día moi especial para o CPI Virxe da Cela. O venres 11 de abril de
2014 o noso centro realizou unha xornada de portas abertas, e ademais dos nenos
e nenas, profesores e profesoras, os corredores recibiron a visita de familias,
que se achegaron á nosa escola para participar activamente nesta actividade.
Coincidindo coa realización do obradoiro de radio “Laboratorio Radiofónico”,
que se vén desenvolvendo todos os venres no noso centro desde o pasado mes de
febreiro e dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria e 4º da ESO, tivemos a
idea de realizar unha gravación especial dedicada á VI Edición do Rastro Solidario
e Operación Quilo 2014.
Os rapaces e
rapazas de 5º e 6º de primaria entrevistaron a Belén e Yoli, dúas das nais que
viviron de cerca esta experiencia: dedicaron parte do seu tempo axudando aos
máis pequenos a elixir os obxectos e realizar o troco de alimentos,
axenciáronse a cámara de fotos para documentar a actividade, e incluso unha
delas aportou gran cantidade de bisutería realizada artesanalmente utilizando
as cápsulas de nespresso e que tivo grande éxito de vendas… Aproveitando a
visita de Mª José e Bea, da Fundación Ayuda en Acción, fixémoslles tamén unha
entrevista para ver o seu punto de vista. Ambas agasallaron ao noso centro cun
montón de críticas positivas, e sabemos que o convenio de colaboración coa
Fundación Ayuda en Acción que firmamos o pasado mes de decembro de 2013 vai dar
moitos froitos. Tamén entrevistamos a Verónica, unha das profes coordinadoras
de Monferosolidario, que resaltou a importancia desta actividade para
sensibilizar a toda a comunidade educativa, e contamos tamén cos comentarios de
varios alumnos e alumnas, que amosan grande entusiasmo e satisfacción ao
sentirse partícipes dunha acción que vai axudar ás persoas máis necesitadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario