VASOS PARA KENIA
O pasado 14 de abril os alumnos de 4º da ESO tiveron unha clase
extraordinaria e ademais f'ora do horario escolar, de 6 a 7 da tarde do
martes, cansos das clases de todo o día, tivemos a visita de Jorge
Rodriguez Vázquez, membro da ONG AMIGOS DE OSITETI,
que dende hai anos traballan por mellorar as condicións de vida dos
Masai, que no seu momento foron un pobo guerreiro, pero que actualmente
esta tribo mítica de África, xa non pelexan con outras.
Jorge quedou impresionado polo traballo de José Serrano un mallorquín
que decidiu quedar a traballar cos Masai en Kenia, conoceu o seu
traballo a través do programa de televisión "Españoles para el mundo",
montou unha delegación de Amigos de Ositeti na Coruña, e dedica esforzos
e tempo libre a colaborar co traballo que se está a realizar en Kenia.
Jorge propuxonos a recollida de vasos de plástico, porque acaban de
facer un pozo de auga, para os colexios que teñen alí , se nos
recaudábamos 400 vasos de plástico,non os compraría a ONG. 400 vasos
para os 450 nenos Masai que reciben educación nos colexios.
Así foi, empezamos a recollida de cartos para os vasos nos recreos da
semana do 18 ó 22 de abril, facendo turnos para que sempre houbera
alguén na mesa dos vasos. 5 vasos 2 euros. A campaña foi un éxito grazas
a colaboración de todos.
O pasado 30 de abril, Jorge marchaba a Kenia e levaba os 400 vasos,
alguns deles co nome de alumnos deste instituto. Isto e unha forma de
irmanar os dous colexios.
Felicidades a todos pola vosa colaboración, pero felicidades a Jorge e a
ONG. Amigos de Ositeti, polo traballo que fai por darnos a coñecer
outra cultura e outra forma de vida. Neste caso os Masai, formaron
parte do noso temario e xa non serán esquecidos por ningún de nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario