Como podedes ver na imaxe, un grupiño de alumnos/as da ESO e a profe Teresa Losada, sempre tan dinámica á hora de mobilizar ao persoaal e toda unha experta en organizar e remover mobiliario, posan para esta fotografía rodeados dunha morea de caixas repletas de alimentos. É o resultado da campaña Operación Quilo 2014 realizada o pasado venres 11 de abril de 2014 en estreita colaboración co VI Rastro Solidario, realizándose nesta ocasión a compra dos obxectos do rastro a través dun auténtico “troco” con alimentos non perecedeiros. Este ano a falta de tempo impídenos organizar unha visita co alumnado á Cociña Económica de Ferro, tal como se fixo en anos anteriores. Aínda así, as coordinadoras de Monferosolidario ofrecímonos voluntariamente o pasado luns 28 de abril a cargar ata os topes os nosos vehículos particulares e levalos persoalmente ás instalacións da Cociña Económica de Ferrol, situadas na Rúa Rubalcava. Aproveitamos esta viaxe á capital ferrolá para reunirnos con Sandra Couso (técnico de Entreculturas) e con Ana Martín (profesora do colexio Jesús Maestro de Ferrol) para ir planificando o “Encontro de Fin de Curso da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas”, que nesta ocasión terá como escenario o Castelo de San Felipe e consistirá nunha peculiar “festa pirata”. Rematamos esta peculiar xornada de luns saboreando un exquisito chocolate con churros … para chuparse os dedos!!
sábado, 3 de mayo de 2014
lunes, 21 de abril de 2014
EMISIÓN RADIOFÓNICA VI RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2014
A celebración do VI Rastro Solidario e Operación Quilo 2014
supón un día moi especial para o CPI Virxe da Cela. O venres 11 de abril de
2014 o noso centro realizou unha xornada de portas abertas, e ademais dos nenos
e nenas, profesores e profesoras, os corredores recibiron a visita de familias,
que se achegaron á nosa escola para participar activamente nesta actividade.
Coincidindo coa realización do obradoiro de radio “Laboratorio Radiofónico”,
que se vén desenvolvendo todos os venres no noso centro desde o pasado mes de
febreiro e dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria e 4º da ESO, tivemos a
idea de realizar unha gravación especial dedicada á VI Edición do Rastro Solidario
e Operación Quilo 2014.
Os rapaces e
rapazas de 5º e 6º de primaria entrevistaron a Belén e Yoli, dúas das nais que
viviron de cerca esta experiencia: dedicaron parte do seu tempo axudando aos
máis pequenos a elixir os obxectos e realizar o troco de alimentos,
axenciáronse a cámara de fotos para documentar a actividade, e incluso unha
delas aportou gran cantidade de bisutería realizada artesanalmente utilizando
as cápsulas de nespresso e que tivo grande éxito de vendas… Aproveitando a
visita de Mª José e Bea, da Fundación Ayuda en Acción, fixémoslles tamén unha
entrevista para ver o seu punto de vista. Ambas agasallaron ao noso centro cun
montón de críticas positivas, e sabemos que o convenio de colaboración coa
Fundación Ayuda en Acción que firmamos o pasado mes de decembro de 2013 vai dar
moitos froitos. Tamén entrevistamos a Verónica, unha das profes coordinadoras
de Monferosolidario, que resaltou a importancia desta actividade para
sensibilizar a toda a comunidade educativa, e contamos tamén cos comentarios de
varios alumnos e alumnas, que amosan grande entusiasmo e satisfacción ao
sentirse partícipes dunha acción que vai axudar ás persoas máis necesitadas.
miércoles, 16 de abril de 2014
lunes, 14 de abril de 2014
ODM 1. MINIDOCUMENTAL REALIZADO NO CPI VIRXE DA CELA
Este é o segundo dos minidocumentais que os alumnos e alumnas da ESO están
a realizar sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Un traballo que supón unha longa planificación:
busca de información, planificación do guión, creación dos debuxos e avatares, gravación
das voces, montaxe do vídeo. Aquí vos deixamos o produto final. Seguide atentos
porque en breve colgaremos o terceiro dos nosos documentais.
domingo, 6 de abril de 2014
LANCY DODEM VISITA DE NOVO O CPI VIRXE DA CELA
“A viaxe ao norte” non só é o título do libro que acaba de presentar Lancy Dodem, o primeiro neno apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer, senón tamén unha metáfora do choque de culturas, a oriental e a occidental, que tivo a oportunidade de experimentar cando deixou a súa India natal para asentarse en España. É un libro de memorias, habitado por todas as persoas que o rodearon na súa infancia e adolescencia: os seus amigos, pais, irmáns, incluso o propio Vicente Ferrer, que tanto peso tivo na súa vida. Está repleto de experiencias, de anécdotas, de sabiduría… e a través da súa lectura poderemos coñecer o noso país a través da mirada do “outro”, daquel que chegou de lonxe e descubriu con sorpresa todo o que para nós xa pasa desapercibido…
Lancy presentou o seu libro na librería Arenas da Coruña, e aproveitou a súa “viaxe ao noroeste peninsular” para visitar o CPI Virxe da Cela, acompañado por Yolanda Ferrer, a “embaixadora” da FVF na Coruña. Un ano máis comeron connosco no comedor escolar, saboreando os pratos elaborados polas nosas cociñeiras e mantendo unha animada conversa cos comensais, como se de familia se tratase. Xa en sesión de tarde, Lancy impartiu dúas charlas ao alumnado de EI e de EP, amenizadas pola espontaneidade dos máis pequenos/as do noso cole, que fixeron simpáticas preguntas e intervencións. A clausura do acto realizouse coa foto oficial da firma do libro “Mi viaje al Norte” en presenza da directora do centro e un forte aplauso que convidaba a Lancy a regresar o próximo ano de novo ao noso centro. Os/as que teñan curiosidade por facer unha “viaxe ao norte”, lembrade que tedes o libro á vosa disposición na biblioteca escolar.
viernes, 4 de abril de 2014
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN VI RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2014 NO CPI VIRXE DA CELA
Un ano máis, e con este xa van seis, o CPI Virxe da Cela organiza o VI Rastro Solidario. Nesta ocasión contamos coa colaboración da AMPA da nosa escola, que prestarán a súa axuda tanto para difundir a actividade, como para levala a cabo. Esperamos que todos xuntos logremos o noso obxectivo, concienciar á nosa comunidade educativa de que unha pequena acción pode cambiar o mundo. Nesta ocasión, en lugar de cartos faremos as compras a través do troco con alimentos non perecedeiros, e deste xeito axudaremos a todas esas familias que están nunha situación crítica, a través da Cociña Económica de Ferrol.
O alumnado de 1º da ESO visitará todas as aulas da nosa escola para repartir entre os rapaces e rapazas as circulares que informarán ás familias desta actividade, e pedirán a súa colaboración. Para nós e sumamente importante este intercambio xeracional, e que a mocidade transmita aos máis pequenos a súa experiencia e os animen a formar parte desta gran familia: Monferosolidario.
domingo, 23 de marzo de 2014
RECOGIDA DE ALIMENTOS IES SALVADOR DE MADARIAGA
La pasada Navidad, perdón por el retraso en la información, el grupo de voluntarios del instituto , hicieron entrega de los alimentos y material de aseo, recogidos durante la Campaña de Navidad en el centro. Todo lo recogido se entregó en el Refugio Padre Rubinos de A Coruña.
Exposición O MUNDO EN FEMININO- IES SALVADOR DE MADARIAGA
Desde el día 18 de marzo y hasta el día 30, está montada en la entrada del instituto la Exposición de Manos Unidas O MUNDO EN FEMININO, con motivo derl día de
las mujer trabajadora. Más de 20 paneles que nos concienzan de la
situación de la mujer en diferentes países y dando una visión
esperanzada de la situación mostrando diferentes proyectos de
desarrollo, donde ellas son las protagonistas del mismo.
xposición de Manos Unidas O MUNDO EN FEMININO, con motivo derl día de las mujer trabajadora. Más de 20 paneles que nos concienzan de la situación de la mujer en diferentes países y dando una visión esperanzada de la situación mostrando diferentes proyectos de desarrollo, donde ellas son las protagonistas del mismo.
xposición de Manos Unidas O MUNDO EN FEMININO, con motivo derl día de las mujer trabajadora. Más de 20 paneles que nos concienzan de la situación de la mujer en diferentes países y dando una visión esperanzada de la situación mostrando diferentes proyectos de desarrollo, donde ellas son las protagonistas del mismo.
miércoles, 12 de marzo de 2014
EXPOSICIÓN SOBRE OS OBXECTIVOS DO MILENIO REALIZADA NO CPI VIRXE DA CELA
sábado, 8 de marzo de 2014
OS ODM: UNHA VISIÓN DESDE O CPI VIRXE DA CELA
Este é o título do primeiro dos mini documentais que os
alumnos e alumnas da ESO do CPI Virxe da Cela están a realizar sobre os Obxectivos de Desenvolvemento
do Milenio. A este seguirán 8 cortos mais, un por cada ODM. Este traballo enmárcase dentro do proxecto "Cooperación Galega: O Mundo
que Queremos", (Plan Proxecta 2013-2014).
PODCAST: "Os Obxectivos do Milenio: unha visión desde o CPI Virxe da Cela"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









