jueves, 24 de octubre de 2013

DOUS


A dous días previos á inauguración deste espazo, seguimos coa nosa andaina de dinamizar o mesmo e, ao igual que dun fogar se tratase, estamos nas faenas de amueblar o continente e dotalo xa de materiais para o seu uso e disfrute. Nesta ocasión penduramos a enquisa que contén as respostas dos futuros "administradores/as" do mesmo, e que, si prestades atención, poderedes apreciar diferentes perfís. Sería divertido xogar a unha especie de "quen é quen" para adiviñar a autoría das respostas... Seguro que algunhas non darían pé a dúbida algunha...




No hay comentarios:

Publicar un comentario