viernes, 18 de octubre de 2013

OITO




Ola, compañeiros e compañeiras. A oito días para a inauguración deste fantástico evento, estades todos e todas convidados a tomar parte deste proceso de creación colectivo, xa que este espazo vai a ser a nosa propia plataforma, e todos temos que ser partícipes do mesmo. Así que para ir quentando motores, unha primeira práctica:
1.- O primeiro paso e estar cómodos diante do ordenador. Lembrade, o ordenador vai ser o noso compañeiro de viaxe, e non o noso "enimigo número un". Así que deixade atrás esa retaíla de maldicións cara a este simpático aparello, e tratádeo coma se fose a vosa mascota. Incluso aconsellamos poñerlle un nome ou apodo cariñoso, para facer a labor máis levadeira...
2.- Nesta primeira clase virtual ides a aprender a facer un comentario. Para isto situádevos na parte inferior desta entrada e veredes a palabra "comentario". Pois ánimo, sobre todo para aqueles que teñades pouca práctica co rato... Sabemos que nos primeiros momentos é difícil atinar, como nos primeiros intentos de aparcamento...
3.- Unha vez que premades o botón de "comentarios", abrirase un rectángulo silueteado en cor azul. Pois situade aí o cursor, e facede o comentario pertinente. Lembrade que con todas as vosas ideas iremos dándolle forma a este blogue. Acéptanse todas as críticas construtivas...
4.- O paso seguinte e seleccionar o tipo de autor do comentario. Para iso, se non vos queredes complicar a vida, elixide directamente "anómino", e se queredes deixar o anonimato e ser valientes á hora de manifestarvos públicamente (xa sabedes que con isto de internet todo queda por aí polo aire...), elixide a opción "nombre", e nin sequera é necesario cubrir o espazo "URL" que está ao seu carón.
5.- Finalmente o paso máis difícil e á vez o máis divertido... "Demuestra que no eres un robot". Simplemente vos vai poñer a proba, ainda que nós sabemos que todos vos sodes unhas auténticas máquinas... Iso, a ver quen é quen de descifrar as letras e as cifras (demostraredes aí quen é seguidor do simpático programa da TVG "Cifras e Letras", e ao mellor Paco Lodeiro vos ficha para a próxima edición).
6.- Xa para ver que todo o proceso queda totalmente rematado, queda premer ao botón "publicar" e veredes o voso comentario facendo parte desta bonita historia... Ánimo

1 comentario:

  1. Desde Entreculturas, deciros que el sentimiento que nos embarga ahora mismo es el de pura emoción. Emoción por ver y ser testigos de una labor que nace de vosotros y vosotras, queridos profes y que empieza a hacerse grande con el compromiso de todos y todas. Creemos en la labor colectiva, y con el nacimiento del blog somos testigos directos de este maravilloso proyecto conjunto. Así que GRACIAS!!! y ADELANTE!!! Juntos podemos!!!

    ResponderEliminar