miércoles, 23 de octubre de 2013

TRES



 
 
Fai uns días algún/ha dicía "que medo" por aproximarnos á data da inauguración. Hoxe, que estamos a tres días do evento, si que todos e todas deberíamos ter os nosos "deberes feitos":
 
1.- Ter ao autobús avisado... xa sabedes que as cousas á última hora poden dar problemas, e conseguir un bus para o sábado pola mañá pode volverse unha tarefa difícil.
 
2.- Ir mercando os ingredientes para facer un fabuloso postre caseiro para compartir o día do encontro. Aqueles/as que teñan unha xustificación de peso (falta de tempo, compromisos familiares, estrés laboral) poderán permitirse a licencia de mercar o postre no supermercado ou na pastelería.
 
3.- Así como os nenos e nenas teñen que facer a mochila e non esquecerse de nadita nada, como ben acordamos fai un par de días, ide preparando o lapis USB con todo o material que quierades pendurar: textos, fotos, videos, presentacións, etc.
 
 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario